O Concello tramita a contratación do mantemento dos contedores soterrados
Os 120 contedores soterrados da cidade carecen dun servizo de mantemento e reparación desde a súa instalación inicial, tramitación que continua o Concello cun orzamento de 53.000 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou asemade este luns a adxudicación das 125 bolsas para escolares vigueses que estudarán inglés este verán no Reino Unido e Irlanda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da aprobación dos pregos de condicións para a contratación do mantemento e reparación dos contedores soterrados da cidade, cun orzamento de 53.000 euros.
O alcalde indicou que Vigo conta cun total de 35 illas -que inclúen 65 equipos- sumando un total de 120 contedores soterrados, que carecen desde a súa instalación inicial dun contrato de mantemento. Abel Caballero adiantou asemade que o 20% dos habilitados na cidade están hoxe en día fóra de servizo por "defectos estruturais na súa instalación".
O obxecto da contratación do servizo, explicou o rexedor, é garantir o axeitado mantemento e funcionamento dos que si están operativos, e eventualmente a súa reparación cando sexa preciso.
125 bolsas
A Xunta de Goberno Local deu hoxe luns o seu visto bo á adxudicación das 125 prazas ofertadas polo Concello para que outros tantos escolares vigueses de centros públicos da cidade viaxen e aprendan en inglés este verán en localidades do Reino Unido e Irlanda.
Segundo informou o alcalde, o programa municipal conta con 300.000 euros de orzamento para este ano e amplía a oferta de bolsados, dos 100 do pasado ano aos 125 escolares que estudarán este verán tres semanas no estranxeiro.
Aos 125 escolares de 3º da ESO bolsados polo Concello, o alcalde sumou as 20 subvencións municipais aos mellores expedientes da Escola Oficial de Idiomas, que tamén pasarán un mes fóra de España perfeccionando o idioma.
Abel Caballero subliñou que Vigo é o Concello de Galicia que destina máis recursos á formación en idiomas, pois para este 2009 inviste 320.000 euros para que 145 vigueses estuden no estranxeiro.