Escoitar

Medio Ambiente únese á celebración dos días mundiais do Medio Ambiente e dos Océanos

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou hoxe venres as de actividades que se levarán a cabo o sábado, 6 de xuño na praia de Samil, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente e os Océanos. As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia.

venres, 29 mai 2009
1243601147P5290059.JPG
Na primerira semana do mes de xuño terán lugar dúas citas a nivel internacional: O Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño; e Día Mundial dos Oceanos, o 8 de xuño. A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo únense a estas dúas celebracións ofrecendo á cidadanía unha serie de actividades para aprender un pouco máis sobre o medio ambiente e o medio mariño dun xeito divertido.

A celebración terá lugar o sábado, día 6 de xuño, de 11.00 a 19.00 ininterrumpidamente no extremo norte da praia de Samil, xunto a praia de Argazada e Cabo do Mar, e será de participaron libre.

As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia, no que os participantes poderán aprender dun xeito divertido diferentes aspectos de medio ambiente e os océanos, co obxetivo achegar ó público de todas as idades os misterios e a riqueza do medio que nos rodea.

Os que queiran sumerxirse poderán seguir ós oceanógrafos nos roteiros de snorkel, en grupos de 15 persoas, para observar a zona intermareal e contemplar a gran riqueza e valor medioambiental do litoral vigués sumerxido. Parelalemente desenvolverase o roteiro intermareal dende kaiak en grupos de 50 participantes que poderán remar nun kaiak co fin de achegarse á zona da costa rocosa dende o mar e deste xeiro observar de preto a fauna e flora características da zona.

Para levar a cabo estas actividades contase cun equipo de 15 profesionais formado por oceanógrafos, instructores de mergullo, especialistas en piragüismo, socorristas e persoal de organización que estarán a disposición de todos aqueles que desexen desfrutar desta xornada, na que, ademáis de divertirse, descubrirán novos aspectos do medio mariño e do medio ambiente que lles rodea.

O Día Mundial de Medio Ambiente foi establecido polo Asamblea Xeral da ONU en 1972 para marcar a apertura da conferencia de Estocolmo sobre o Medio Humano, conmemórase cada ano o 5 de xuño e é un dos vehículos principais, a través do cal Nacións Unidas estimula o coñecemento mundial do medioambiente e aumenta a atención e acción política. O lema para 2009 é "Unidos Contra o Cambio Climático). Reflicte a urxencia para que as nacións concerten un novo tratado na convención crucial do clima que se reúne en Copenhague.

O Día Mundial dos Oceanos, foi creado en 1992 durante o cumio mundial en Río de Janeiro. Trátase dunha poderosa oportunidade para que os entes locais e atención mundial tomen conciencia dos efectos que o cambio climático está tendo no océano, o que resalta co lema 2009 "Un Océano, Un Clima e Un Futuro", o cal significa que o impacto dos oceanos esta relacionado coa vida humana, que existe a necesidade de facer a poboación máis consciente da situación, xa que todos podemos facer cambios simples pero importantes.
Descargar todas as imaxes

Máis información