xoves, 28 mai 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este xoves que as obras que integran a exposición de arte téxtil "Fiando o Vigo Vello", nas que se poden ver diversos rincóns do barrio, reflicten as melloras que se están levando a cabo no Casco Vello. Na presentación da mostra, que se inaugura mañá no Centro Comercial A Laxe, tamén participaron as creadoras e integrantes da asociación Patchwork Vigo, Mar Fernández e Auri Costas.
xoves, 28 mai 2009
O alcalde visitou hoxe xoves as novas beirarrúas da Baixada a Santa Cristina, preto de 800 metros de lonxitude nos que cambiáronse a traída, o saneamento, as farolas e no que instalaranse bancos. A obra alongóuse 4 meses, cun investimento de 141.000 euros, e mostra o "Vigo igualitario" co que "imos continuar", indicou Abel Caballero.
xoves, 28 mai 2009
A "Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios" valorou a coordinación e o incremento do investimento da Concellería de Medioambiente. O servizo vigués de praias contou o pasado verán con novos sistemas de comunicación inalámbrica, máis seguridade e medios de prevención. Vigo recupera ademais para este 2009 a bandeira azul do areal de Argazada, co que a cidade contará este verán con sete distincións.
xoves, 28 mai 2009
A programación do "Vigo a escena" que organiza a Concellería de Cultura para o primeiro semestre do 2009 levará o teatro esta fin de semana ás parroquias de Coia, Castrelos e Matamá. A actuación prevista para mañá venres no Centro Cívico de Teis trasládase ao día 3 de xuño neste mesmo espazo, mentres que o sábado, 30 de maio, as actuacións serán protagonizadas polas compañías Títeres en Acción en Coia e Aforo Teatro en Castrelos, e o domingo 31 de maio actuará Aforo Teatro en Matamá.