martes, 26 maio 2009

Parques e Xardíns xa cambiou 90 árbores alerxénicas da Avenida de Castelao por novas especies

martes, 26 mai 2009

O departamento de Raquel Díaz comezou no outubro pasado coa reforestación da Avenida, cambiando chopos e acacias -con alta concentración de polen- por seis especies distintas de calidade co obxectivo de non xerar molestias á cidadanía. O transplante será progresivo para manter o paseo verde, a actuación estará completada en dous anos e conta con 50.000 euros de orzamento.

Xabier Alonso di que traer o amigable España-Cuba "é un premio ao baloncesto feminino da cidade"

martes, 26 mai 2009

A selección española senior de baloncesto feminino xogará este sábado, ás 20.00 horas, no pavillón central das Travesas fronte a Cuba en partido amigable de preparación para o Campionato de Europa, que se xogará do 7 ao 20 do vindeiro xuño en Riga (Letonia). A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes patrocinan o encontro, con entrada gratuíta e que serve tamén ao Concello para recoñecer 40 anos do Celta no baloncesto nacional.<br />