Emprego crea unha Unidade de Apoio ás Empresas para os seus primeiros anos de actividade
A Concellería de Promoción Económica e Emprego ven de habilitar a Unidade de Apoio á Dinamización de Empresas, para asesorar ás pymes nos seus primeiros anos de vida, unha vez foron creadas grazas ao Servizo municipal de Asesoramento a Empresas. No 2009, o SAE facilitou a creación de 31 novas empresas en Vigo e deu servizo a máis de 300 emprendedores.
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, presentou este martes a Unidade de Apoio á Dinamización de Empresas, un novo servizo do Plan Municipal de Emprego 2008-2011 para atender ás novas empresas nos seus primeiros anos de actividade.
Segundo indicou o edil, detetouse unha decaída das empresas "ao pouco tempo de seren creadas por falta de axuda e asesoramento", para o que creouse a UDAE, que leva en funcionamento un mes cunha valoración "máis que positiva" dos emprendedores contactados.
A UDAE engadirá á difusión e amplicación do servizo a cooperación empresarial para internacionalizar produtos, comercializar ideas e emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación.
Santos Héctor salientou que, no que vai de 2009, o Servicio de Asesoramento a Emprendedores deu servizo a máis de 300 persoas e axudou á creación de 31 novas empresas. No mesmo periodo do pasado ano, o SAE atendeu a 121 emprendedores e creou 26 empresas. Asimesmo, apuntou que o perfil actual dos emprendedores é o dunha muller, española, nova, e cun nivel formativo medio-alto.
O SAE conta na actualidade cun total de oito técnicos e, no que vai de mes de maio, xa foron creadas 12 novas empresas de 21 proxectos que estaban en estudo.
Reivindicación dos periodistas
Na rolda de prensa, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego mostrou a súa "solidariedade" e á do alcalde coa situación laboral dos periodistas, que lucían camisetas contra a precariedade no sector xornalístico. O edil comprometeuse a "escoitar e trasladar" ao alcalde ás demandas do colectivo.
Descargar todas as imaxes