mércores, 27 mai 2009
Abel Caballero ofertou o edificio á Xunta de Galicia, quen terá que dar o seu visto bo. De ser así, a Gota de Leite pasaría para uso administrativo -acollendo á Policía Local- e podería abrirse temporalmente como albergue ata que as reformas da Escola de Hostelería estean rematadas. O alcalde estimou que esta sería unha "moi boa solución".
mércores, 27 mai 2009
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o vindeiro luns ábrese o prazo de inscrición para o programa "Verán Xove 2009", que este ano oferta un total de 1.700 prazas para rapaces e rapazas de 4 a 15 anos. A edil subliñou que esta proposta volve a incrementar o número de prazas, debido a que se trata dun programa "moi agardado e demandado por nais e pais porque é unha alternativa de lecer para o verán".
mércores, 27 mai 2009
O Verbum organiza o xoves, día 28 ás 20 horas, un concerto homenaxe ao cantautor José Afonso a cargo do grupo Couple Coffee (Luanda Cozetti, voz e percusión e Norton Daiello, baixo eléctrico),<br />
para rematar coas actividades complementarias á exposición de José Afonso no Verbum. A entradaé gratuíta ata completar aforamento.
mércores, 27 mai 2009
O xoves,28 de maio finaliza o ciclo de conferencias O FIN DO RURAL GALEGO? coa intervención do experto en cultura tradicional, Felipe Senén López Gómez, que dende as 19:30 horas falará de "Galicia: tradición e globalización a través das formas" no Auditorio do Edificio Municipal do Areal-
mércores, 27 mai 2009
Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra o 31 de maio, o Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo e a Unidade de Alcoholismo "Asvidal" instalarán este venres, 29 de maio, un posto informativo e unha exposición de carteis históricos desta conmemoración na rúa do Príncipe, ao carón da sucursal do Banesto, entre ás 11 e ás 13:30 horas.<br />