Escoitar

Parques e Xardíns xa cambiou 90 árbores alerxénicas da Avenida de Castelao por novas especies

O departamento de Raquel Díaz comezou no outubro pasado coa reforestación da Avenida, cambiando chopos e acacias -con alta concentración de polen- por seis especies distintas de calidade co obxectivo de non xerar molestias á cidadanía. O transplante será progresivo para manter o paseo verde, a actuación estará completada en dous anos e conta con 50.000 euros de orzamento.

martes, 26 mai 2009
1243343451raq6.jpg
A concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, presentou hoxe martes o plan de reforestación e reorganización arborea da Avenida de Castelao, no que xa se substituiron 90 árbores por outras de menor concentración alerxénica co obxectivo de minimizar as molestias.

Na actualidade, a Avenida acolle uns 450 chopos, ademais das acacias, dos que xa se substituiron desde outubro de 2008 40 dos primeiros e medio centenar dos segundos. O obxectivo de Raquel Díaz é non xerar molestias a cidadanía, cambiando o arborado por especies menos alerxénicas, de calidade e con facilidades de adaptación ao terreo.

En dous anos, segundo explicou a concelleira, estará rematada o 80-90% da actuación, que conta con 50.000 euros de orzamento e procura a variedade de especies e a reorganización máis homoxénea das unidades pola Avenida. As novas especies que estanse a plantar son o liquidambar, o stieyrafeilflua, Ginko Biloba, Magnolia, Tilos e Bidueiros.

A rexeneración estase a realizar progresivamente en catro fases, para manter sempre o paseo da Avenida de Castelao verde e sombrío, e xogando con especies distintas para evitar altas concentracións dunha mesma especie de polen, causante das alerxias.
Descargar todas as imaxes