O Pleno insta á Xunta a ter unha mediación efectiva para resolver o conflito do metal
O pleno aprobou hoxe unha moción urxente demandando á Xunta a manter "un compromiso de mediación activa" e non "puramente formal" entre as partes no conflito do metal. A moción presentada conxuntamente polos grupos municipais do BNG e o PSOE, insta aos responsabeis autonómicos a "remover os obstáculos e facilitar as propostas que poidan dar cabida aos intereses razoables das dúas partes".
A moción, que defendeu o tenente de alcalde, Santi Domínguez, fai tamén unha chamada ás partes para que retomen a senda da negociación e do diálogo como única vía para dar solución ás demandas plantexadas.