O alcalde acorda cos comerciantes crear comisións de seguemento para "minimizar as molestias" das humanizacións
Convocaranse cada semana comisións permanentes de seguemento de cada zona en obras, formada por representantes municipais e comerciais, e unha xeral de coordinación cada 20 días como a celebrada hoxe venres, na que participaron a Cámara de Comercio, a CEP e distintas Asociacións de Comerciantes. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse este venres coa Cámara de Comercio, a CEP e distintas Asociacións de Comerciantes e acordaron a creación de comisións permanentes de seguemento das obras de humanización: unha de carácter xeral cada 20 días e unha semanal específica para cada zona de melloras.
Comerciantes e Concello acordaron tamén incrementar os fluxos de información entre as partes, co obxectivo de "minimizar as molestias" do comercio xeradas polas humanizacións. O alcalde agradeceu e destacou a boa disposición e a "cooperación" dos comerciantes ao respecto.
Abel Caballero salientou a "unanimidade" da reunión sobre a conveniencia das humanizacións, e abordáronse ademais "solucións" para o comercio, como que estudarán a posibilidade de abrir franxas horarias para o aprovisionamento de mercancías e a facilidade de acceso aos comercios.
Taxas
Segundo informou o alcalde, a comisión de comercio celebrada este venres tamén abordou a solicitude dalguns comerciantes de rebaixar a taxas aos afectados polos traballos de humanización namentres duren as melloras.
Abel Caballero estimou que sería "técnicamente moi complexo", pois unha baixada dos ingresos suporía unha baixada correspondentes dos investimentos nun orzamento municipal avanzado.
Por outra banda, a rebaixa afectaría a unhas 100.000 persoas, o que constituiría para o alcalde un "agravio comparativo" co resto da cidade, que non vería baixados os impostos. "Non é xusto o plantexamento", salientou o alcalde, e non se aplica noutras cidade do Estado.
Rotonda de Peinador
O alcalde indicou na súa comparecencia de prensa que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este venres a licitación da rotonda de entrada ao aeroporto, con 38 metros de diámetro; unha actuación "de importancia simbólica", salientou.
Descargar todas as imaxes