mércores, 20 maio 2009

Concerto de música barroca na Escola Municipal de Arte e Oficios

mércores, 20 mai 2009

Alumnos e mestres do Departamento de Música Antiga do Conservatorio Profesional "Manuel Quiroga" de Pontevedra ofrecen un concerto de música barroca o xoves 21 de maio ás 19.30h no Salón Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios.Clavecín, viola de gamba, guitarra barroca, con obras de Vivaldi e Marais. A entrada é libre.

ANUNCIO DE MOBILIDADE E SEGURIDADE

Peche ao tráfico da rúa Brea Muiñeira

mércores, 20 mai 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Brea Muiñeira, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 21 de maio de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.<br />