Escoitar

Medioambiente controlará de oficio e a demanda os niños de gaivotas para reducir progresivamente a colonia

Chus Lago presentou este martes a campaña de acción para o control da colonia de gaivotas, xa iniciada fai tres semanas a demanda e que actuará de oficio nas próximas tres semanas nos aproximadamente 100 novos asentamentos. A Concellería remitirá cartas aos propietarios, editará 10.000 trípticos e un bando para informar á cidadanía co obxectivo de minimizas as molestias que xeran estes animais.

martes, 19 mai 2009
1242733247P5190257.JPG
Chus Lago
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este martes a campaña de acción municipal para controlar e reducir progresivamente a colonia de gaivotas en Vigo, que consiste na retirada de oficio dos aproximadamente 100 novos asentamentos de niños e a demanda en todo o centro da cidade.

O obxectivo desta campaña pasa por controlar a colonia de gaivotas e reducila progresivamente a longo prazo, e minimizar así asemade as molestias xeneradas polas mesmas. A concelleira indicou que o pasado ano 2008 realizouse un estudo para contabilizar os asentamentos de gaivotas, estimadas na actualidade nunhas 1.000 parellas no termo municipal, o doble que no 2001.

Chus Lago explicou que as actuacións xa están a ser atendidas gratuitamente a demanda, unha vez recibida a queixa no teléfono gratuito 010. Nas últimas tres semanas, Medioambiente xa retirou 31 niños de gaivotas e 21 ovos, cando no pasado 2008 se recibiron en total unhas 130 chamadas. "Se atende o 100% das chamadas", subliñou.

Por outra banda, o Concello actuará ademais de oficio nos novos asentamentos de niños de gaivotas. En aproximadamente tres semanas, a Concellería de Medioambiente retirará os ovos duns 100 niños en Teis, A Guía, Travesía, Calvario, Castrelos, Balaídos, Coia e zonas de Alcabre e Bouzas.

Chus Lago solicitou a "colaboración cidadá" tanto na denuncia das molestas no teléfono 010 como á hora de permitir aos expertos municipais acceder aos edificios, previo aviso, para actuar nos novos asentamentos.

Información
A campaña de control contempla distintas accións informativas para sensibilizar e concienciar á cidadanía da importancia de "atopar un equilibrio" ao respecto da colonia de gaivotas, salientou Chus Lago.

Así, a Concellería de Medioambiente enviará ao longo desta semana cartas aos propietarios dos edificios con novos asentamentos de niños de gaivotas, para informarlles da conveniencia da actuación e solicitar o permiso de acceso.

Por outra banda, o Concello de Vigo ten preparado un bando e trípticos informativos da campaña, dos que se imprimirá unha tirada de 10.000 exemplares a distribuir nas próximas semanas por toda a cidade.
1242733247P5190257.JPG
1242733323evolucion.jpg
1242733356diptico1.jpg
1242733377diptico2.jpg
Descargar todas as imaxes