luns, 18 maio 2009

Santi Domínguez anuncia axudas para facilitar aos comerciantes a súa participación na feira Stockaxe

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns que dende a Concellería de Comercio se poñerá en marcha unha liña de subvencións para que o custo dos expositores "sexa o máis asequible posible e ningún comerciante deixe de participar na feira Stockaxe por cuestión de prezo". Santi Domínguez así o subliñou na presentación da segunda edición deste evento, que se celebrará no IFEVI os días 17 e 18 de outubro, e na que tamén participou a presidenta da Federación do Comercio de Vigo (Fecovi), Encarna Álvarez.

Provigo renova a comisión permanente

luns, 18 mai 2009

O alcalde continuará a presidir ProVigo, o presidente da Cámara de Comercio será Vicepresidente, o presidente da CEP ocupará o cargo de Secretario Xeral e o máximo responsable de Caixanova pasa a ser o Tesoureiro da Fundación. O Padroado, celebrado hoxe luns, pechou as contas de 2008, iniciou as directrices orzamentarias de 2009 e avaliou novas propostas para elaborar os novos estatutos.