O Museo do Mar celebra o "Día Internacional dos Museos" recreando o antigo ciclo do sal en Vigo
O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e, con tal motivo, o Museo do Mar de Galicia organiza o vindeiro domingo, 17 de maio, unha rota con diferentes actos lúdicos e culturais baixo o nome Liña de Sal, e que trata de amosar ao público xeral os antigos procesos de producción e usos do sal en Vigo.
Seguindo as directrices do Consello Internacional dos Museos (ICOM), miles de institucións de todos os continentes van celebrar actos a prol dun Turismo Cultural Sostible, demostrando cómo o patrimonio cultural pode contribuir ao establecemento de novas relacións beneficiosas entre os turistas e as comunidades locais. Seguindo esta idea, o Museo do Mar propón, a través de diferentes actividades musicais e teatrais, un percorrido onde se recreará o proceso de producción, transporte, comercialización e utilización do sal en Vigo.
O programa conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo e a Asociación de Amigos do Museo do Mar. Empezará no Salinae-Centro Arqueolóxico do Areal e rematará no Museo do Mar de Galicia, pasando por Bouzas. Terá dous pases, un pola mañá (de 11.00h. a 14.30h.) e outro pola tarde (de 17.00h. a 21.00h. ).
Liña da Sal estructúrase nas seguintes actividades.
Benvida a Salinae
En primeiro lugar, ás 11.00h. da mañá comenzará a visita gratuita ao Salinae- Centro Arqueolóxico do Areal, onde se presentarán as actividades que levaranse a cabo durante o día. Tamén se fará unha breve descripción das salinas como inicio dun percorrido que terá o seu seguinte paso na Alameda de Bouzas.
Tras entregar un pin e unha bolsiña de sal a cada persoa como agasallo, un autobús turístico gratuito, cedido polo Concello de Vigo e amenizado con músicos, transportará a toda a xente que o precise ata a seguinte parada.
Usos do sal en Bouzas
Ás 11.45h. continuará a segunda etapa na Alameda de Bouzas. Tras unha
pequena introdución do Día Internacional dos Museos, se acondicionará un espazo con redes que servirá de escenario para a contacontos Beatriz. A continuación, comezará unha marcha cara a Igrexa con parada na rúa Alfolí, de marcada importancia na vila, xa que era nela onde se situaban, como o seu nome indica, os alfolíes, almacéns de sal da antigüidade. Xa na Igrexa, os asistentes poderán disfrutar dun espectáculo de danza.
Posteriormente, os participantes que o desexen poderán ir camiñando cara o Museo do Mar. O grupo irá acompañados duns músicos e fará dúas paradas no camiño naqueles puntos onde antigamente existían fábricas de salgazón romanas.
{b]Fin de festa no Museo do Mar
Para rematar, ás 13.30h. pecharase todo o ciclo cun espectáculo final, no que a escenografía será sencillamente un círculo de sal que acote o espacio da actuación. Os encargados de amenizar os espectáculos serán a compañía de danza contemporánea Losdedae, que estréase en Galicia con estas actuacións, a contacontos Beatriz Campos e o grupo de baile Inthecisos. O restaurante do Museo contribuirá a este fin de festa cunha variada oferta gastronómica. Ás 14.30h. estará esperando o autobús de retorno cara a Salinae.
Os pases serán pola mañá de 11.00h. a 14.00h., e pola tarde empezarán ás 17.00h. e rematarán ás 21.00h. Pódese variar o programa en caso de mal tempo, xa que nese caso suspenderíase a visita a Bouzas. Adxuntámolo cos diferentes actos e horarios.
Aqueles asistentes que queran utilizar o transporte gratuito deben confirmar a súa asistencia ao Museo do Mar no número 986247750.
Descargar todas as imaxes