venres, 15 mai 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a reforma de rúas que se está a desenvolver no Casco Vello "é unha actuación como nunca se fixera ata o de agora" no barrio. Na visita que realizou hoxe as obras acompañado do concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou que se está a traballar nun total de 16 rúas sobre unha superficie de 8.716 metros cadrados cun investimento de 3,7 millóns de euros.
venres, 15 mai 2009
O Concello organiza esta fin de semana actividades para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Ramón Piñeiro.
O mueso organiza Liña de sal,un percorrido pola cidade onde se poderán ver todos os antigos procesos de producción e usos do sal<br />
Nas diferentes paradas poderase disfrutar de todo tipo de espectáculos coma danza, mú
venres, 15 mai 2009
O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e, con tal motivo, o Museo do Mar de Galicia organiza o vindeiro domingo, 17 de maio, unha rota con diferentes actos lúdicos e culturais baixo o nome Liña de Sal, e que trata de amosar ao público xeral os antigos procesos de producción e usos do sal en Vigo.
Persoal
venres, 15 mai 2009
Con data 14 de maio de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para a contratación laboral por acumulación de tarefas durante un periodo de cinco meses, prorrogables por un mes mais, de dous/dúas oficiais conductores/as, tres oficiais xardineiros/as e doce operarios/as peóns, para reforzar os traballos de limpeza e coidado dos areais da cidade e os seus accesos, con motivo da preparación da tempada de baño correspondente ao presente ano.
Recadación Voluntaria
venres, 15 mai 2009
De acordo co art. 36.3 da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións da taxa pola recollida do lixo vivenda e exc. Unificadas industriais (EUI) do ano 2009 ata o 15 de maio do presente ano.