luns, 11 mai 2009
Abel Caballero visitou hoxe luns as obras de mellora da Alameda de Beade, a construción dun edificio de carácter social cun palco na parte superior para representacións e a habilitación dun espazo recreativo, con pista polideportiva, parques, merendeiro e paseo; en definitiva, "un centro referencial" para Beade de preto de 1.000.000 euros de investimento. <br />
luns, 11 mai 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron este luns a programación municipal do Día das Letras Galegas. O prato forte do 17 de maio terá lugar no parque de Castrelos, coa celebración dun Xantar-romaría e unha Festa das Letras, a lectura en diferentes puntos da cidade de textos das tres escritoras homenaxeadas ata agora nesta data e a representación de dúas obras de teatro en Zamáns e Cabral, respectivamente.
luns, 11 mai 2009
Durante 25 anos Kike Corbacho recorreu Galicia fotografando lugares da nosa terra que en moitos casos están sen descubrir.Unha escolma do seu traballo, agrupada en tres grupos -festas, paisaxes e a Galiza profunda- poderase ver do 12 ao 31 de maio no Verbum.
luns, 11 mai 2009
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento dependente do servizo de Patrimonio Histórico, inaugura o martes día 12 a mostra "CONTORNOS II Exposición itinerante de madeira torneada".
luns, 11 mai 2009
A Casa da Xuventude acolle dende hoxe e ata o 22 de maio a mostra fotográfica "Outono no Courel", de Jairo Mera Lorenzo. fotógrafo Pablo Iglesias. A exposición, que forma parte da programación deste servizo municipal para o primeiro semestre do 2009, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.