Promoción Económica recibe a autorización para o inicio da rexeneración urbana de Teis
A Xunta de Goberno Local tomou hoxe luns coñecemento da subvención europea de 4 millóns de euros para a rexeneración urbana de Teis, máis un millón de aportación municipal, e autorizou á Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Santos Héctor a por en marcha as melloras no barrio. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da toma de coñecemento e autorización da Xunta de Goberno á Concellería de Promoción Económica e Emprego para a recepción dos 4 millóns de euros de fondos europeos recibidos para o proxecto de rexeneración urbana de Teis.
Esta comunicación, tal e como explicou o alcalde, permite ao departamento municipal que dirixe Santos Héctor a "por en marcha" as melloras no barrio vigués, dentro do proxecto que investirá 5 millóns de euros en total, os catro dos fondos europeos e un millón de achega municipal para a humanización de Sanjurjo Badía, xa en execución.
O proxecto
Con cargo aos fondos europeos, esta iniciativa contempla as humanizacións de Sanjurjo Badía -desde o número 165 ata o final- e da Avenida de Galicia -desde o número 2 ata o 120-. Estas melloras iniciaranse este xullo, durarán 6 meses e o Concello conta cun millón de euros de orzamento.
Outra actuación prevista á a mellora das beirarrúas, o establecemento do carril bici e equipamento urbano en Julián Estévez; que comezará en febreiro de 2010 cun orzamento de 200.000 euros e as obras durarán 5 meses.
Ademais, e durante 11 meses desde setembro, acometerase a mellora de viais na zona industrial de Guixar, na zona comercial de Sanjurjo Badía e na lúdica do parque e as praias de A Guía; en total, un investimento de 410.000 euros.
O alcalde explicou asemade que instalaranse pantallas vexeitais, compostas por árbores, nas zonas da autopista e do ferrocarril, coa finalidade de "minorar o impacto ambiental e acústico". Esta mellora, de 40.000 euros, se inicia en outubre de 2010 e se alongará dous meses.
O Concello construirá neste setembro, e durante seis meses, unha pasarela ecolóxica no borde litoral de Teis, desde A Guía ata a Rotea, para o que conta cun orzamento de 990.000 euros. Ademais recuperará elementos tradicionais en Toural e en Ríos: un millón de euros para uns traballos que darán comezo tamén este setembro e se alongarán 15 meses.
Abel Caballero indicou asemade que se levará a cabo a recuperación das praias de Mende, A Lagoa, Ríos e Manquiña, e melloras de equipamento nos parques do Barrio das Flores, A Guia e A Riouxa; iniciando ambas melloras en xaneiro de 2010, cun orzamento de 200.000 euros.
A última actuación citada polo alcalde no trascurso da presentación foi a reconstrucción da antiga fábrica de conservas Garavilla, un referente da arquitectura industrial da zona. Para esta obra investirase 950.000 euros durante os 19 meses que duren os traballos, a iniciar este mes de outubro.