martes, 12 mai 2009
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, anunciou as novas iniciativas no tráfico para mellorar a circulación na cidade por mor das obras que se están a realizar na rúa Elduayen e Policarpo Sanz que comezarán o próximo xoves, día 14 de maio , por un periodo aproximado de catro meses.
martes, 12 mai 2009
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, expresou este martes o seu compromiso a presentar no mes de xuño un plan de actuación que contemple medidas concretas de axudas ao comercio, que nestes momentos é un dos sectores que máis está sentido os efectos da crise. Tras a xuntanza que mantivo con representantes de diversas asociacións de comerciantes da cidade, Domínguez salientou que a reunión serviu para chegar a un acordo sobre as principais liñas nas que traballará a Concellería de Comercio.
martes, 12 mai 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este martes balance do dispositivo temporal de emerxencia social aberto o 15 de xaneiro e explicou que o centro atendeu neste tempo a un total de 186 persoas distintas, cunha media de 30 persoas ao día, e un total de 3.000 pernoctacións. Asemade, a concelleira sinalou que este dispositivo pechará o 15 de maio, polo que urxeu ao novo Goberno da Xunta a abrir as instalacións coñecidas como Gota de Leite, onde xa remataron as obras.
martes, 12 mai 2009
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo e o Instituto Camões acollen a mostra "CONTORNOS II Exposición itinerante de madeira torneada" que se poderá visitar do 12 ao 28 de maio. A exposición compleméntase cunha demostración de tornería en horario de mañá os martes e xoves.