María Méndez anuncia que o centro de emerxencia pechará o venres e urxe a abrir a Gota de Leite
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este martes balance do dispositivo temporal de emerxencia social aberto o 15 de xaneiro e explicou que o centro atendeu neste tempo a un total de 186 persoas distintas, cunha media de 30 persoas ao día, e un total de 3.000 pernoctacións. Asemade, a concelleira sinalou que este dispositivo pechará o 15 de maio, polo que urxeu ao novo Goberno da Xunta a abrir as instalacións coñecidas como Gota de Leite, onde xa remataron as obras.
"Quero poñer en valor que é a primeira vez que un dispositivo de emerxencia social se abre en Vigo, onde nunca houbo un servizo público destas características", subliñou María Méndez. A edil do BNG explicou que pese a non contar cun lugar que cumplise todas as condicións esixidas pola lei, a Concellería de Benestar Social decidíu "buscar un lugar minimamente digno" e segundo explicou, abriuse o 15 de xaneiro para atender ás persoas sen teito na época de frío.
A responsable de Benestar Social salientou que dende esa data, o dispositivo está habilitado para atender a 30 persoas por noite, pero que tivo "picos de ocupación" de 36 persoas. "En condicións de frío e choiva non nos parecía xusto deixar á xente na rúa", asegurou. Das 186 persoas atendidas en total, arredor de 20 acudían regularmente cada semana, e delas só un 30% tiñan o seu historial na Concellería de Benestar Social. Segundo María Méndez isto acontece porque a maior parte das persoas usuarias deste servizo son transeúntes e mariñeiros que por diversas razóns pasan temporadas na cidade. Asemade indicou que a maioritariamente, arredor dun 60%, son inmigrantes.
Porén, a concelleira nacionalista sinalou que este dispositivo non reúne as condicións mínimas para seguir aberto, según as directrices da normativa da Vicepresidencia da Xunta de xaneiro de 2008 para este tipo de instalacións, polo que o seu peche se producirá o 15 de maio. Neste sentido, María Méndez aclarou que o centro ubicado na antiga Escola de Hostelería xa ten recibido dúas inspeccións da Vicevaledora do Pobo, que ten reiterado que as instalacións non cumpren as condicións para ser un albergue, "mentres si hai outro lugar como a Gota de Leite que si as cumpre".
"A Gota de Leite é o lugar idóneo para abrir o albergue porque reúne todas as condicións esixidas para que estas persoas reciban unha atención digna e sabemos que as obras están xa rematadas", destacou a concelleira do BNG. Ao respecto, María Méndez sinalou que aínda que estaba previsto pechar o centro de emerxencia temporal o 15 de marzo, se deu un "prazo razoable á nova Xunta para que abrira estas instalacións", pero que dende a toma de posesión xa pasou un "tempo suficiente" para tomar a decisión". Asemade, indicou que o tenente de alcalde solicitou unha entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar Social e esta cuestión figura entre os temas a tratar, aínda que a precisou que a persoa que exerce a función de delegada territorial da Xunta en Vigo tamén coñece a situación. "Pensamos que era a nosa obriga darlle un tempo ao novo goberno galego, pero agora a situación é insostible con dúas advertencias do vivaledor do pobo e non podemos manter o centro aberto máis tempo", afirmou.
A preguntas dos xornalistas repecto ás reticencias amosadas polo alcalde da cidade para que na Gota de Leite se instale o albergue, María Méndez explicou que a licenza de obras e o permiso de actividade van parellas, e foron dadas por Urbanismo. Subliñou que o Concello "xa deu permiso e a rede de centros de emerxencia depende da Xunta".
No tocante á posibilidade de que no vindeiro inverno o Concello de Vigo habilite outro centro temporal de emerxencia, María Méndez sinalou que, en función das necesidades e se o albergue da Gota de Leite non cubre a demanda para a temporada de frío, "valoraremos a posibilidade de poñer en marcha novamente ese dispositivo". Ao respecto indicou que nun principio estaba previsto que a Gota de Leite tivera capacidade para 30 ou 40 persoas, "pero agora non sabemos se hai outra previsión".
Descargar todas as imaxes