Escoitar

"En 20 días" estará rematada a humanización de Travesía do Pino, con 300.000 euros de investimento

O alcalde, Abel Caballero, visitou hoxe martes os traballos de humanización na rúa Travesía do Pino, que estará finalizada "dentro de 20 días", adiantou o rexedor. O alcalde mostrou a súa "satisfacción" polas melloras, de 300.000 euros de investimento, obras "moi demandadas" pola veciñanza, segundo explicou.

martes, 12 mai 2009
1242132865travesiadopino.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que a humanización da rúa Travesía do Pino estará rematada e lista para a súa apertura "dentro de 20 días", unha mellora que ascende a 300.000 euros.

Abel Caballero mostrou a súa "satisfacción" polas melloras na zona, que contemplan o cambio do pavimento e das beirarrúas, "chea de árbores", con novos puntos de luz, a renovación da rede de saneamento e abastecemento, e a eliminación das conduccións da electricidade e da telefonía.

Segundo expresou o alcalde, os veciños mostráronse tamén satisfeitos por unha humanización que levaban "seis anos" agardando. Abel Caballero subliñou que "dentro de pouco" comezará a humanización de Travesía de Vigo, con case un quilómetro que afectará "a miles de cidadáns".
Descargar todas as imaxes