mércores, 13 mai 2009
Abel Caballero entrevistouse este mércores coa Diretiva da Cooperativa de Taxis, reunión na que abordaron a localización dunha nova central que axunte todos os servizos e a incidencia das obras na cidade. Segundo indicou o alcalde, os taxistas "non están a notar grandes dificultades adicionais" polos traballos de mellora nas rúas, e salientou a súa "cooperación" ao respecto.
mércores, 13 mai 2009
Dentro do plan de rehabilitación do Casco Vello, o tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello de Vigo, Santi Domínguez, vén de asinar a concesión de axudas para nove proxectos de melloras en diversos inmobles deste barrio histórico por un importe total de 192.199 euros. Os edificios nos que está prevista a execución das obras están ubicados no Paseo de Alfonso XII, na Praza da Princesa, e nas rúas Santa Marta, Real, Cesteiros e Ferreiría.
mércores, 13 mai 2009
O CAT- Centro de Artesanía Tradicional- organiza un ciclo de conferencias con título "O fin? Do rural? Galego?" que se celebra durante este mes de maio no auditorio do Edificio Municipal do Areal. O xoves, 14 ás 19:30 , José Antonio Fernández de Rota, catedrático de antropoloxía social da Universidade da Coruña falará sobre "A urbanización intensa do campo e os seus resistentes".
mércores, 13 mai 2009
O espazo Proxecta do Punto Xove da Concellería de Xuventude de Vigo acollerá mañá, ás 18.30 horas, a presentación da reportaxe fotográfica "Benín 2004". Un dos coordinadores do proxecto explicará a aplicación dun proxecto de educación para o desenvolvemento neste país africano no marco dunha cooperación da ONG belga Quinoa cunha asociación local de Benín.