O alcalde e a Cooperativa buscarán unha nova ubicación para a central de taxis
Abel Caballero entrevistouse este mércores coa Diretiva da Cooperativa de Taxis, reunión na que abordaron a localización dunha nova central que axunte todos os servizos e a incidencia das obras na cidade. Segundo indicou o alcalde, os taxistas "non están a notar grandes dificultades adicionais" polos traballos de mellora nas rúas, e salientou a súa "cooperación" ao respecto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Diretiva da Cooperativa de Taxis acordaron este mércores buscar un espazo que axunte todas os locais do servizo, unha nova localización para a central de taxis, os talleres, os servizos e as oficinas.
O alcalde sinalou que "recibimos con agrado" esta demanda dun colectivo "de gran importancia para a cidade", pois ofertan un servizo "francamente satisfactorio". Abel Caballero manifestouse a prol de "centralizar" as sedes, polo que anunciou que resolverase esta cuestión definitivamente "nos próximos días".
O rexedor e os taxistas estudaron tamén a incidencia das obras na cidade no servizo, e lle plantearon a "importancia" dos traballos de humanización e animaron ao alcalde a continuar coas melloras, segundo explicou Abel Caballero.
O alcalde afirmou que o colectivo está a resolver "de xeito razoable" os inconvintes que xeran as obras e agradeceu a súa "cooperación". Os taxistas, salientou o rexedor, transmitíronlle que "non están a notar grandes dificultades adicionais no tráfico da cidade con ocasión das obras", máis aló das molestias normais que "se están a resolver ben", constatou.
Descargar todas as imaxes