Escoitar

O Punto Xove presentará mañá a reportaxe "Benín 2004", sobre un proxecto educativo neste país africano

O espazo Proxecta do Punto Xove da Concellería de Xuventude de Vigo acollerá mañá, ás 18.30 horas, a presentación da reportaxe fotográfica "Benín 2004". Un dos coordinadores do proxecto explicará a aplicación dun proxecto de educación para o desenvolvemento neste país africano no marco dunha cooperación da ONG belga Quinoa cunha asociación local de Benín.

mércores, 13 mai 2009
A presentación amosará a experiencia dun grupo de mozoz e mozas de idades comprendidas entre 17 e 30 anos, que tivo lugar en agosto de 2004, interesados en desenvolver valores personais próximos á cooperación ao desenvolvemento. Os temas tratados nesta viaxe son, ademais do fomento da
diversidade racial nos nosos días, a desertización provocada pola
deforestación da sabana africana, a falta de medios básicos para a
supervivencia, e o problema da auga, entre outros.