O xoves quedará restrinxido o tráfico entre o Paseo de Alfonso e Colón
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, anunciou as novas iniciativas no tráfico para mellorar a circulación na cidade por mor das obras que se están a realizar na rúa Elduayen e Policarpo Sanz que comezarán o próximo xoves, día 14 de maio , por un periodo aproximado de catro meses.
Desde e próximo xoves e por un periodo de catro meses estará pechado ao tráfico a zona comprendida entre a rúa Elduayen e Policarpo Sanz con acceso exclusivo de bus, taxi, garaxe para residentes e parquins. Tamén estarán restrinxidas ao tráfico as rúas e treitos seguintes: Dr Cadaval, entre López de Neira e Porta do Sol. García Barbón, entre Rep Arxentina e Colón. Reconquista, entre Marques de Valadares e Policarpo Sanz. Policarpo Sanz, Porta do Sol, Elduayen e Alfonso XII con acceso exclusivo para bus, taxi, garaxes e parquings.
A circulación de motos non estará permitida segundo un acordo alcanzado hoxe entre o Concello e os representantes das entidades de motoristas.
Residentes Casco Vello
O concelleiro de Mobilidade anunciou que nestos momentos se están buscando solucións de aparcamento para os residentes do Casco Vello mentras duren as obras. Calviño adiantou que se está a negociar cos parquins do Berbés, Porta do Sol, A Laxe e Robotizado no senso de lograr tarifas reducidas para os residentes. Toda vez que se logre un acordo coas empresas dos parquins, o Concello comunicará por escrito aos residentes do Casco Vello a disposición de cada un dos aparcamentos soterrados coas tarifas negociadas e os horarios.
Gran Vía
Desde o próximo luns, día 18, abriránse provisionalmente ao todo o tráfico os tres carris que comunican a Praza de América e a Praza de España en sentido ascendente durante o tempo que duren as obras que se están a acometer na zona de Povisa.
Descargar todas as imaxes