"Anacos da nosa terra", fotografías de Kike Corbacho no Verbum
Durante 25 anos Kike Corbacho recorreu Galicia fotografando lugares da nosa terra que en moitos casos están sen descubrir.Unha escolma do seu traballo, agrupada en tres grupos -festas, paisaxes e a Galiza profunda- poderase ver do 12 ao 31 de maio no Verbum.
Desde cascadas, ríos, bosques propios de contos de fadas, pedras xigantes encabalgadas que desafían a gravidade, montes furados polos romanos en busca de ouro, etc... Así como festas propias da nosa terra que amosan os costumes máis ancestrais da nosa cultura, e que sempre son un espectáculo para a vista. A esta colección de fotografías Kike chamoulle Anacos da Nosa Terra.
Agora a súa intención é a de dar a coñecer esta colección mediante esta exposición que ademais de interesante é educativa xa que os nenos poden ir cos seus pais ou de excursión cos seus profesores a gozar das paisaxes ou a coñecer as festas típicas.
O conxunto de imaxes divídense en tres grandes grupos: Festas e Tradicións de Galicia, Paisaxes e A Galicia Profunda.
O primeiro grupo, parte central da selección feita para o Verbum, recolle as fotografías das festas e tradicións máis representativas da cultura galega; poderemos ver imaxes da Festa do Cocido, da Festa Vikinga, do Día da Patria Galega, o Entroido de Laza ou o Boi de Allariz entre outras.
O segundo bloque busca representar eses lugares que están no noso imaxinario colectivo, paisaxes significativas e identitarias como a praia das Catedrais, os Hórreos de Lira e Carnota, o Faro e Dunas de Corrubedo, o Dolmen de Axeitos...
Por último o terceiro bloque abrangue aquelas imaxes menos coñecidas pero
igualmente representativas da nosa cultura e nel poderemos atopar curiosidades sobre a nosa paisaxe cultural.
Kike Corbacho conta cunha longa experiencia e traxectoria profesional tanto no mundo da fotografía coma como orador. Famosas son as súas charlas e conversas ao redor dos temas que relata e que permiten ao público asistente obter unha nova lectura sobre lugares e feitos de sobra coñecidos pero aínda por descubrir.