Un xantar-romaría, teatro, lecturas e música centran o programa municipal do Día das Letras Galegas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron este luns a programación municipal do Día das Letras Galegas. O prato forte do 17 de maio terá lugar no parque de Castrelos, coa celebración dun Xantar-romaría e unha Festa das Letras, a lectura en diferentes puntos da cidade de textos das tres escritoras homenaxeadas ata agora nesta data e a representación de dúas obras de teatro en Zamáns e Cabral, respectivamente.
"Para o BNG e para este goberno municipal a defensa da nosa cultura, e sobre todo da nosa lingua, é fundamental e sempre estará entre as nosas prioridades", subliñou. O tenente de alcalde destacou que a celebración do Día das Letras Galegas non só debe servir para homenaxear a unha figura destacada da literatura galega, senón tamén para "espertar conciencias". "É fundamental que os vigueses e as viguesas se dean conta de que temos un tesouro que temos que coidar todos os días ou se nos pode escapar das mans", sinalou. Segundo Santi Domínguez, "así como hai amigos ou familia dos que nunca nos queremos desprender, hai un tesouro colectivo que temos que coidar entre todos e toda para que non se nos escape".
O tenente de alcalde salientou que a programación do Día das Letras Galegas "é completa e abarca actividades para todas as idades". Do conxunto do programa destacou a celebración do Xantar-romaría, a partir das 14 horas, que é o segundo ano que se convoca. Neste sentido, Santi Domínguez salientou a boa acollida que tivo esta proposta o ano pasado, no que participaron arredor de 320 persoas. "É un lugar de encontro e xantar, no que posteriormente haberá a posibilidade de participar en diversas actividades que se celebrarán no parque", afirmou.
Ao respecto, a concelleira de Normalización Lingüística explicou que as persoas que queiran participar no xantar poden mercar a "Cesta das Letras", que ademais de diversas bebidas inclúen produtos típicos galegos como lacón, queixo de tetilla, chourizos galegos e empanada de lombo. Estas cestas, para catro e seis persoas, poderanse reservar no número de teléfono 986 810 218 de 9 a 14 horas antes do xoves, día 14 de maio. O prezo da cesta é de 56 euros para catro persoas e 84 euros para seis persoas. Iolanda Veloso salientou que tras o xantar "celebraremos a Festa das Letras, con lecturas de textos, actividades para nenos con sesións de contacontos e o xogo dos Comeletras, xogos populares e obradoiros de música".
A concelleira nacionalista subliñou que os actos organizados con motivo do 17 de maio se queren "aproveitar para facer presentes as letras galegas en toda a cidade". Así, destacou que xa o sábado 16 de maio a programación inclúe a lectura de textos "de autoras relevantes da nosa cultura" en diferentes puntos da cidade, como O Calvario, a Praza da Independencia e o farol entre as rúas Príncipe e Colón de 11 a 13 horas. "Este ano quixemos lembrar que despois de tantos anos de celebración do Día das Letras Galegas só hai tres mulleres homenaxeadas, Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño", a edil.
O mesmo día 16 de maio, o programa tamén inclúe a proxección de "O espírito do bosque", ás 12 horas nos cines Yelmo do Centro Comercial Travesía, aínda que dende ás 11 horas "tamén estarán por alí Os Bolechas", sinalou Ioanda Veloso. As persoas interesadas poden recoller as invitacións no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ou nos despachos de entradas do propio cine. Pola noite continúa a programación "dirixida á mocidade" cunha proposta musical a cargo de Bod da Rage Sense MC, de Angola, que revolucionou a escena do hiphop en Portugal, e o compositor de reggae en lingua galega Taru e os Paxaros coiro. As actuacións terán lugar ás 22 horas no Berbés.
"Quero facer un chamamento á participación nos actos organizados na rúa, non só para pasar un bo rato, senón tamén para reinvindicar que esta parte da nosa cultura temos que conservala e transmitila ás seguintes xeracións", salientou a concelleira nacionalista.
Descargar todas as imaxes