Escoitar

O alcalde visitas as obras de Beade, que estarán finalizadas en mes e medio

Abel Caballero visitou hoxe luns as obras de mellora da Alameda de Beade, a construción dun edificio de carácter social cun palco na parte superior para representacións e a habilitación dun espazo recreativo, con pista polideportiva, parques, merendeiro e paseo; en definitiva, "un centro referencial" para Beade de preto de 1.000.000 euros de investimento. <br />

luns, 11 mai 2009
1242050383beade.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, visitaron este luns as obras de mellora no entorno da Alameda de Beade, que estarán rematadas nun mes e medio, segundo informou o rexedor.

As melloras consisten no arranxo da antiga Alameda da parroquia viguesa, na construción dun edificio de carácter social cun palco na súa parte superior para representacións teatrais e a habilitación asemade dun espazo recreativo, que incluirá unha pista polideportiva, un parque, un paseo e un merendeiro.

O obxectivo municipal, segundo expresou Abel Caballero, e facer destas melloras "un centro referencial" para os habitantes de Beade próximo á igrexa, unha actuación que conta cun investimento de preto de un millón de euros. O alcalde agradeceu á Asociación Santa Ana de Beade a súa "colaboración".

A mellora contempla a renovación de toda a rede de servicios, a renovación do pavimento en granito, máis arbolado e zonas verdes, novo alumeado e mobiliario urbano e a mellora do firme na actual explanada.
Descargar todas as imaxes