Escoitar

A Casa da Xuventude mostra a exposición fotográfica "Outono no Courel" dende hoxe ata o 22 de maio

A Casa da Xuventude acolle dende hoxe e ata o 22 de maio a mostra fotográfica "Outono no Courel", de Jairo Mera Lorenzo. fotógrafo Pablo Iglesias. A exposición, que forma parte da programación deste servizo municipal para o primeiro semestre do 2009, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

luns, 11 mai 2009
A mostra "Outono no Courel" convida a facer unha viaxe dende o inquietante barullo da cidade ata o suave rumor dos montes máis virxes e profundos da nosa terra, O Courel. Deste xeito, as fotografías amosan os grandes contrastes de cor do outono, a orografía dos bosques e as devesas que abundan entre os pobos que compoñen esta zona e que permiten esquecer o vertixinoso ritmo das grandes metrópoles.

A seguinte mostra que acollerá a Casa da Xuxentude do 25 de maio ata o 5 de xuño será "Exprésate coas Cores e Manualidades", unha mostra de traballos realizados por rapaces e rapazas durante o curso 2008/2009.