Contratación laboral por acumulación de tarefas de varios postos de traballo do Concello
Con data 14 de maio de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para a contratación laboral por acumulación de tarefas durante un periodo de cinco meses, prorrogables por un mes mais, de dous/dúas oficiais conductores/as, tres oficiais xardineiros/as e doce operarios/as peóns, para reforzar os traballos de limpeza e coidado dos areais da cidade e os seus accesos, con motivo da preparación da tempada de baño correspondente ao presente ano.
As bases para consulta están no taboleiro de edictos da Casa do Concello, así como na paxina web municipal www.vigo.org.
O prazo de presentación de instancias que se realizará no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, será de dous días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio.
O prazo de presentación de instancias que se realizará no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, será de dous días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio.