Escoitar

Xesus López salienta a o compromiso da Federación Veciñal na conmemoración do Día das Letras Galegas

O concelleiro de Cultura destacou este xoves que "o compromiso da Federación Veciñal Eduardo Chao", que organiza un total de 90 actividades ata o vindeiro 30 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas. Na presentación do programa, na que tamén participou o vogal de Cultura desta entidade, Xosé Couñago, o concelleiro nacionalista salientou que esta "intensa programación cultural" está integrada por espectáculos de música e baile, representacións de teatro, festivais, exposicións e certames

xoves, 14 mai 2009
1242305568MoveVigo.JPG
"A peculiaridade policéntrica da nosa cidade e o compromiso co traballo fai que a actividade cultural chegue a todos os currunchos", manifestou Xesus López. Neste sentido destacou que na variada programación cultural de Vigo, "boa parte está organizada polo Concello e complementada polas asociacións culturais". "Quero felicitar a Federación Veciñal e a Xosé Couñago polo traballo que fan e agradecer a todos os seus integrantes polo seu esforzo e convidar a toda a cidadanía para que participe nas propostas", dixo.

Pola súa banda, o vogal de Cultura de Eduardo Chao, Xosé Couñago, subliñou que a Federación Veciñal "colabora coa Concellería de Cultura para achegar a cultura a toda a cidadanía". Destacou que as actividades organizadas "saen ao encontro da cidadanía para celebrar o Día das Letras Galegas en familia". "Trátase dunha oferta cultural moi diversificada, na que se pode disfrutar dende a música tradicional a distintos festivais, e que expresa a nosa riqueza cultural", salientou.

Ao londo do mes sucederanse as representacións teatrais, os festivais e as actuacións de corais e bandas, que culminarán o 17 de maio con diversas actividades. Ás 9 horas sairá unha camiñada da A.V. Fonte do Galo cara á A.V.S.C.D. O Freixo para precorrer o monte dos Pozos, monte Alba e Chandebrito, organizada pola A.V. Fonte do Galo. Ás 9.30 horas sairá a camiñada dende a A.V.S.C.D. O Freixo ata as Covas do Folón, cuxos participantes celebrarán un xantar ás 14.00 horas. O barrio da Miñoca tamén acollerá unha marcha popular, que sairá ás 10.30 horas dende o parque infantil.

Xa pola tarde, ás 17 horas , na A.V.S.C.D. O Freixo actuará o grupo de cantareiras "Bouzacoba" e o grupo de gaitas "Os Tabáns", e ás 19 horas o grupo folck "Sete Cuncas" da A.V. "A Unión" de Matamá. Asemade, Cabral, Castrelos e Zamáns acollerán as representacións teatrais enmarcadas no programa "Vigo a escena". Ás 20 horas actuarán os grupos folclóricos "Nautilius" da S.V.C.D. "Nautilius" de Comesaña, "Os Ventos de Comesaña" e "Xolda" da A.V.S.C.D. de San Miguel de Oia, na A.V.S.C.D. de San Miguel de Oia. E tamén ás 20 horas, pero no CVC de Valadares, terá lugar a actuación dos grupos "Lume de Candela", "Amieiras", "Aturuxo" e Cantareiras do Alba
do C.V.C. de Valadares. O resto da programación pode consultarse na web www.movevigo.com.
Descargar todas as imaxes