O alcalde estima que as sete grandes superficies do polígono de A Gandariña empregarán a 500 persoas
Abel Caballero informou este xoves da aprobación na Xerencia de Urbanismo das licenzas de obra e actividade da gran superficie Decathlon, unha das sete grandes empresas que asentaranse no Polígono da Gandariña, que abrirá na primeira quincena de xuño, e creará "medio millar de empregos", avanzou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves da aprobación no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo das licenzas de obra e actividade da empresa Decathlon, unha das sete que instalaranse no Polígono da Gandariña, onde se empregarán "medio millar" de persoas, segundo salientou o rexedor local.
Estas licenzas, outorgadas este xoves por Urbanismo, dan "luz verde ao polígono industrial de A Gandariña", que "na primeira quincena de xuño" abrirá as súas portas. O alcalde avanzou que "nos próximos dez ou quince días" validaranse a tramitación das outras seis grandes superficie restantes: PC City, Pórtico, Merkal Calzado, Kiabi, Boulanger e Lidl.
Reactivación
O alcalde manifestou que "empézase a notar de forma clara a reactivación" económica en Vigo, e mostra disto sería a apertura do Polígono e os 500 empregos que creanse no mesmo.
Ademais, e relacionado co Urbanismo, Abel Caballero explicou que a Xerencia está a recibir solicitudes de "importantes promotores" privados da cidade interesados en por en marcha as súas parcelas. Estas, afirmou o mandatario local, súmanse aos preto de 40 ámbitos de promoción pública xa en marcha.
O alcalde salientou asemade que os promotores lles transmiten o seu interese por desenvolver en primeiro lugar as vivendas de protección e despois as libres, pois consideran que as protexidas contan con mercado para darlles saída comercial.
Descargar todas as imaxes