Santi Domínguez destaca a vixencia do traballo a prol do galego de Ramón Piñeiro na apertura do seu gabinete
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este xoves o significado que hoxe ten o traballo a prol da lingua galega que desenvolveu Ramón Piñeiro "fronte as campañas contra o galego que existen na actualidade". Santi Domínguez así o subliñou no acto de inauguración do gabinete de Ramón Piñeiro, ubicado na Casa Galega da Cultura, no que tamén participaron Alfonso Zulueta de Haz, o comisario da restauración do espazo, Enrique Montero, o director da Fundación Penzol, Francisco Fernández del Riego, e Aníbal Piñeiro, en nome da familia.
Na súa intervención, o tenente de alcalde comezou lembrando unhas verbas de Ramón Piñeiro nas que o intelectural dicía que "a nosa misión consiste en facer que esa realidade orixinal -a lingua e a cultura galegas- acade a súa plenitude". Ao respecto, Santi Domínguez sinalou que ainda que "o lóxico sería que esta reflexión estivera superada, temos que dicir que hoxe continúa plenamente vixente" e é preciso continuar na tarefa da "normalización do galego". Salientou que arredor da mesa camilla, "moito se fixo nos anos máis duros da postguerra e no proceso que seguíu ata chegar á transición política na posta en valor da nosa lingua e da recuperación da nosa identidade cultural e política".
"Hoxe compre que botemos unha ollada ao pasado e tomemos como exemplo o labor de Ramón Piñeiro ou Francisco Fernández del Riego para non desfalllecer na defensa dos valores que nos identifican como pobo", afirmou o nacionalista. Finalmente, subliñou que a idea de recrear o gabinete de Ramón Piñeiro "é unha iniciativa que hai que aplaudir polo que representa na recuperación dunha parte especialmente relevante da nosa historia".
O concelleiro de Cultura, Xesus López, agradeceu á Fundación Penzol e a Francisco Fernández del Riego "por liderar o compromiso coa nosa cultura e a nosa lingua". Así mesmo, recoñeceu a "especial ilusión" sentida ao coñecer a proposta da Fundación para recrear o gabinete de Ramón Piñeiro "no ano no que o Día das Letras Galegas está adicado ao seu homenaxe e ao recoñecemento do seu traballo".
Alfonso Zulueta, pola súa banda, salientou a coidada reconstrución da habitación da rúa Xelmírez 15, de Santiago, na que Ramón Piñeiro escribiu as "importantes cartas para o coñecemento da cultura galega". Na reconstrución, con forma e dimensións similares á habitación real, pódese atopar diversa información gráfica, como fotos da súa dona, medallas e diplomas. "É unha impresionante recreación ambiental do seu gabinete", asegurou.
Francisco Fernández del Riego sinalou que nesta intervención falaba "en nome dunha xeneración que ten desaparecido" e da que xa practicamente só queda el mesmo e Illa Couto. Lembrou o traballo que desenvolveron conxuntamente "hai máis de sesenta anos, na clandestinidade política, compromentendo as vidas, pero con ilusión". Nestas circunstancias, marcadas tamén polas dificultades económicas, del Riego subliñou que foron quen de "poñer en marcha a editorial Galaxia, a restauración dunha cultura interrumpida dunha maneira brutal". Ao respecto salientou que o traballo que desenvolveron tiña o obxectido de "universalizar a nosa cultura e falar galego para o mundo".
Descargar todas as imaxes