Escoitar

O delegado do Goberno en Galicia compromete ao alcalde o seguemento dos proxectos estatais en Vigo

Tanto Antón Louro como Abel Caballero salientaron a "boa marcha" dos proxectos do Goberno de España en Vigo, como a Alta Velocidade, a ampliación de Peinador, a nova estación de Urzáiz, as autovías, a Biblioteca do Estado e a nova depuradora, entre outros. Alcalde e delegado destacaron a "cooperación e lealtade" establecida entre as partes.

venres, 15 mai 2009
1242392137antonlouro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe venres a garantía do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, do seguemento dos proxectos que o Goberno de España ten na cidade, iniciativas como as melloras das infraestruturas viarias, ferroviarias e aeroportuarias, a Biblioteca do Estado e a nova depuradora, que levan unha "boa marcha", segundo salientaron.

O delegado destacou a "cooperación e lealtade" das relacións entre ambas administracións, e asegurou que avaliará os proxectos estatais en Vigo, que están todos "en fase de realización". Louro subliñou que "a ansiedade que tiñamos fai cinco anos está superada" pois as demandas "estratéxicas" da urbe de entón xa están en proceso.

"Vigo está nun momento no que todo conflúe", afirmou o alcalde, no que o dependente do Goberno de España está "en execución ou en vías de desenvolvemento", e "mostra disto" é a nova estación de tren, a ampliación da ponte de Rande, as autovías, a Alta Velocidade, a nova depuradora.

Abel Caballero agradeceu a Antón Louro a súa atención aos asuntos do Estado en Vigo e aseverou que a súa presenza na mesma supón unha "garantía" para a cidade. O alcalde destacou da "sintonía fluida" entre ambos e o "coñecemento" do delegado de Vigo e dos seus proxectos.
Descargar todas as imaxes