Escoitar

Vigo celebra o Día das Letras Galegas

O Concello organiza esta fin de semana actividades para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Ramón Piñeiro.

venres, 15 mai 2009
1242389217ramonpineiro.jpg
Ramón Piñeiro
Para comezar a xornada, o día 16 haberá lecturas na rúa de textos das tres únicas mulleres ás que se lle dedicou un Día das letras Galegas (Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño) en diferentes puntos da cidade entre las 11 e as 13 horas.

Pola mañá se proxectará nos Yelmo Cineplex do Centro Comercial Travesía a segunda parte da película de animación O bosque animado: O Espírito do bosque as 12 horas, aínda que dende as 11 "tamen estarán por alí" os Bolechas. Os interesados poden recoller as invitacións nas taquillas do propio cine.

A programación continúa pola noite cunha actuación musical a cargo de Bod da Rage Sense MC, que revolucionou o hip hop en Portugal e o compositor de reggae en lingua galega Tarú e os Paxaros Coiros, que mestura o seu estilo con soul e jazz. As actuacions terán lugar na Praza dos Ratos do Berbes ás 22 horas.

O día 17 ábrese cunha serie de lecturas públicas de textos de Ramon Piñeiro no Museo Verbum de Samil de 10 a 19 horas, as persoas participantes recibirán unha grabación. No mesmo lugar interpretarase a obra teatral Señor mundo digame? ás 12 e as 17 horas, a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala (180 persoas).

O plato forte do día é o Xantar: Romaría das Letras, de 14 a 16 horas aproximadamente no parque de Castrelos, os participantes poderán reservar unha "Cesta das letras" para 4 ou 6 persoas por 56 e 84 euros respectivamente, tamen poderán degustar o pólbo a feira nos postos de polbeiras.

Continúa a festa despois de Xantar no mesmo parque de Castrelos: as 16 horas haberá lecturas das mulleres homenaxeadas no Dia das Letras Galegas, ás 16.30 comezará unha sesión de contacontos e dará comezo o xogo das Comeletras, as 17 horas comezan os xogos populares, o primeiro obradoiro de música e as proxeccóns de filmes para nenos e nenas, ás 17.30 a Liga Nacional de Billarda comenzará co taller, as 18 disputarase o aberto de billarda e o segundo obradoiro de música, e media hora máis tarde dará lugar unha nova sesión de contacontos, as 19 horas as persoas gañadoras no aberto de billarda recibirán un premio simbólico, e para terminar a festa as panteiretas de Tear de Llerena e Os Croquetas nos amenizarán á veladas as 20 horas.

Ademáis das actividades en Castrelos interpretaránse dúas obras de teatro as 19 horas dentro da programación "Vigo a escena": a compañía Sísifo actuará na AVC San Mamede de Zamáns e a compañía Lope de Vigo na AVV CD Santa Mariña de Cabral.
Descargar todas as imaxes