O alcalde visita a nova beirarrúa de Manuel Costas Bastos, con 120.000 euros de investimento
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, acudiron hoxe xoves á rúa Manuel Costas Bastos, en Candeán, onde habilitouse unha beirrarúa de uns 1,5 quilómetros de lonxitude. Os traballos de construción duraron tres meses e a mellora contou cun investimento de 120.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, acudiron este xoves á parroquia viguesa de Candeán, onde visitaron a nova beirarrúa de Manuel Costas Bastos.
Os traballos de construción da nova beirarrúa, dunha lonxitude próxima aos 1,5 quilómetros, segundo indicou Abel Caballero, rematáronse en tres meses e contou cunha partida orzamentaria de 120.000 euros.
O alcalde salientou que esta actuación dalle "dignidade" á parroquia, é "parte do que queremos facer" na cidade, "un Vigo igualitario" concluíu Abel Caballero; quen adiantou que habéra máis melloras en Candeán. Agradeceu asemade a "cooperación" da asociación de veciños da parroquia.
Descargar todas as imaxes