Escoitar

Entrega de premios do V Concurso de Fotografía Vigozoo-Caixanova

O sábado, 23 de maio, ás 12.30 horas no Auditorio de Vigozoo, terá lugar a entrega de premios do V Concurso de fotografía dixital Vigozoo, organizado polo zoolóxico coa colaboración de Caixanova. O premios desta edición serán cámaras fotográficas dixitais e exemplares de libros divulgativos das coleccións "Wildlife 2009" e "National geographic".

venres, 22 mai 2009
1242990539fotopremiadavigozoo2.jpg
A temática dos premios amosa una aposta pola divulgación da conservación da natureza. Os asistentes ao acto poderán presenciar unha pequena audiovisual cunha selección das mellores fotografías presentadas durante todos estes anos.

Maís de 620 fotografía foron presentadas nos cinco anos de historia do concurso, esta colección figura no fondo fotográfico do zoo, e nelas aparecen retratados gran parte da fauna do parque, destacando moitas veces, a visión propia e creatividade dos autores.

1242990539fotopremiadavigozoo2.jpg
1242990553fotopremiadavigozoo1.jpg
Descargar todas as imaxes