A OMV organiza un seminario sobre os recursos da Unión Europea para as entidades de voluntariado
A Oficina Municipal de Voluntariado, organiza o segundo dos seminarios de formación dende as entidades de voluntariado do Concello: "Os recursos da Unión Europea para as entidades de Voluntariado".O acto terá lugar o mércores, 27 de maio no Centro Cívico de Vigo as 18.30 horas.
O seminario está dirixido a profesionais, responsables de entidades e persoas voluntarias interesadas na captación e xestión de recursos dentro das entidades do voluntariado. Ofrecerase unha visión global da diversidade de proxectos, iniciativas e convocatorias coas que contan as distintas institucións comunitarias, reparando naquelas que máis se axeiten a cada organización por medio de exemplos prácticos.
A OMV organiza este evento porque considera que a busca de recursos é unha función esencial para toda organización non lucrativa que queira ter contidos sostibles e autónomos, así como ampliar a súa capacidade de actuación. Ter en conta ademáis, que os recursos que a Unión Europea ofrece é un tema que debemos coñecer, xa que intercambiar ou aproveitar experiencias realizadas noutros paises da union, é unha boa idea sobretodo nun momento no que a innovación á hora de acadar recursos é máis necesaria que nunca.
A poñente será Pilar será Pilar del Oro Sáez, coordinadora da Oficina de Información Europea para xoves da Xunta de Galicia, é técnico da Fundación Galicia-Europa e documentalista do centro de documentación europea da Universidade de Santiago.