Escoitar

O alcalde recibe á tripulación da fragata "Tourville", que arribou por primeira vez en Vigo

Abel Caballero ofreceu este luns unha recepción formal á tripulación da fragata "Tourville", unha das embarcacións máis modernas da flota francesa, que estará ao longo do día de hoxe luns na cidade de Vigo. O alcalde recibiu ao comandante capitán do navio, Illaire Duselliere, xunto co comandante de marina e do cónsul honorario de Francia.

luns, 25 mai 2009
1243254664recepcionfragata.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu na mañá deste luns unha recepción oficial ao Comandante en representación da tripulación da fragata "Tourville", na súa primeira visita á cidade olívica.

A embarcación que recalou este luns en Vigo é unha das máis modernas da flota francesa, e pasará na cidade ao longo de toda a xornada. Abel Caballero recibiu ao Comandate capitán de navio, Illaire Dusselliere; xunto co cónsul honorario de Francia, Jean Baptiste Chassin; e o comandante de marina, Rafael J. Ceñal Martínez-Hombre.
Descargar todas as imaxes