Escoitar

Dende o luns xa están á venda as entradas individuais de Imaxina Sons

A partir do 1 de xuño xa se poden mercar as entradas individuais para os concertos do 5º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons", organizado pola concellería de Cultura e Animación Socio-cultural do concello de Vigo, a través do servizo de venda de entradas de Caixanova, na web www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O programa do festival, que arranca o 25 de xuño ás 22h coa actuación de Charles Lloyd e que se clausura o 5 de xullo coa Vienna Art Orchestra, contempla entrada de pago nos concertos que teñen lugar no Teatro Salesianos, no MARCO e no Centro Cultural Caixanova.

venres, 29 mai 2009
1243601522charles.jpg
Charles Lloyd Quartet Press
Para as actuacións de Charles Lloyd (25 de xuño), Miroslav Vitous (28 de xuño) e Vienna Art Orchestra (5 de xullo) que terán lugar na sala de concertos do Centro Cultural Caixanova os prezos das entradas son: Butaca, 12 euros; 1º anf, 11 euros; 2º anf, 10 euros e 3º anf, 9 euros. No caso de Colina Miralta Sambeat Trio (2 de xullo), Andreas Willers (3 de xullo), Lucas Niggli (4 de xullo) e Abe Rábade Septet (5 de xullo), concertos que terán lugar no Teatro Salesianos, o prezo da entrada é de 3 euros. Lucia Recio & Fred Frith (29 de xuño), Agustí Fernández (30 de xuño) e Marc Ducret (1 de xullo) son as actuacións reservadas para o MARCO e terán un prezo de 2 euros. As entradas tamén se poderán adquirir no despacho de venda de cada un dos recintos o mesmo día da actuación de non estar esgotada a venda anticipada.

A entrada é libre ate completar aforo, nos concertos e actividades no Conservatorio Superior de Música, no ciclo "Jazz na noite" nos pubs Quomo, Xancara Jazz e Contrabajo, nas mesas redondas e presentacións do Marco e na Praza do Rei.
Descargar todas as imaxes