Escoitar

O alcalde transmite ao embaixador de Portugal a vocación de Vigo de fortalecer a Eurorrexión

Abel Caballero recibiu este luns a Álvaro Mendonça e Moura para pasar revisión aos proxectos conxuntos de Vigo e Portugal, como as infraestruturas en marcha, e constataron asemade o papel relevante de PSA en Vigo como dinamizador das empresas de compoñentes da cidade olívica e do norte de Portugal.

luns, 1 xuñ 2009
1243860737embajadorportugal.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o embaixador de Portugal, Álvaro Mendonça e Moura, entrevistáronse este luns na Alcaldía, onde o rexedor transmitiulle a vocación da cidade para fortalecer a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ambos mandatarios resaltaron a importancia que tería a xeración dunha gran área que englobaría 7 millóns de habitantes, unicamente equiparable na Península aos entornos de Madrid e Barcelona. Esta masa de poboación facilitaría á Eurorrexión levar adiante grandes proxectos sociais e económicos para a rexión.

O alcalde e o embaixador pasaron revisión ás infraestruturas comúns en marcha, como as autovías, os aeroportos, a autopista do mar e a Alta Velocidade. Con respecto ao AVE, ambos constataron a importancia de cumprir os prazos estipulados entre Vigo e Oporto e a necesidade de empregar os fondos destinados pola Unión Europea ao efecto.

Abel Caballero e Álvaro Mendonça acordaron impulsar de forma conxunta proxectos de innovación, e analizaron asemade o papel dinamizador da factoría viguesa de Citroën para a industria da automoción na Eurorrexión. Son moitas as empresas de compoñentes lusas que fabrican para PSA en Vigo e tamén a industria auxiliar radicada en Vigo exporta materiais a factorías portuguesas.
Descargar todas as imaxes