xoves, 4 xuñ 2009
O Padroado do Museo Quiñones de León acordou onte organizar unha exposición cos seus fondos plásticos na Casa das Artes no segundo semestre do 2010, segundo informou este xoves o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Segundo salientou o edil, este proxecto forma parte do "novo reto" proposto dende Patrimonio Histórico para poñer en marcha o futuro Museo da Cidade.<br />
<br />
xoves, 4 xuñ 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reuniuse hoxe co seu homólogo de Lorient, Loic Champagnat, e a directora de Relacións Internacionais do municipio francés, Christina Hogrefe, como primeiro paso para reforzar o irmanamento que existe entre ámbalas dúas cidades a través de iniciativas conxuntas. A celebración do Festival Intercéltico de Lorient, que este ano ten a Galiza como país invitado de honra, vaise a aproveitar para desenvolver iniciativas conxuntas en eídos como o turismo, a cultura, o deporte ou a educación.
As actividades de Imaxina na Rúa comezan o sábado 6 de xuño coa Orquestra "A Tempo" nas rúas e prazas da cidade
xoves, 4 xuñ 2009
O programa inclúe un ciclo de mesas redondas e dúas clases maxistrais de Fred Frith e Nils Wogram<br />
A tres semanas do comezo do 5º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ao programa de concertos do festival engádenselle as actividades de Imaxina na Rúa, Jazz na Noite, pasacalles o ciclo de mesas redondas e dúas clases maxistrais polo guitarrista Fred Frith e o trombonista Nils Wogram. Redondéase dese xeito a programación do festival, promovido pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, que se desenvolverá do 25 de xuño ao 5 de xullo, pero que empeza a quentar motores o sábado 6 de xuño cos músicos da orquestra "A Tempo" de Pontevedra que tocarán por varias rúas e prazas da cidade ao longo do día. O mapa de Imaxina Sons esténdese xa a toda cidade.
xoves, 4 xuñ 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este xoves que preto de 200 deportistas participarán no Campionato Galego de Natación Alevín que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xuño na piscina municipal do Carme. Segundo destacou o concelleiro, a celebración desta proba en Vigo reflicte unha vez máis a aposta da Concellería de Deportes polo deporte de base.
xoves, 4 xuñ 2009
Co obxectivo de acadar a máxima participación cidadá nas mesmas, a Concellería de Medioambiente, Sanidade e Consumo decidiu hoxe o aprazamento das actividades previstas para este sábado ante as previsións metereolóxicas adversas.