Escoitar

O alcalde urxe ás empresas a que cumplan coa súa "obriga" de xerar emprego nas obras do Plan E

Abel Caballero reuniuse este luns coas tres centrais sindicais e avanzou que o Concello e os sindicatos citarán -hoxe mesmo e "unha por unha"- a cada empresa adxudicataria das obras do Plan E para que cumpran coa súa "obriga" de xerar emprego. De non facelo, o alcalde adianta que levantaranse actas sancionadoras cara a futuros concursos públicos.

luns, 1 xuñ 2009
1243860456sindicatos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e representantes das tres centrais sindicais -encargadas de velar polo cumprimento das condicións laborais nas obras do Plan Zapatero- acordaron hoxe luns citar "unha por unha" ás empresas adxudicatarias da obra e urxirlles a que cumpran coa súa "obriga" de xerar emprego.

Nas reunións participarán, xunto ás centrais sindicais, representantes municipais das concellerías de Vías e Obras, e Promoción Económica e Emprego. O obxecto da entrevista é advertir ás empresas que deben cumprir coa contratación estipulada nas condicións; de non facelo, o Concello podería levantar actas sancionadoras e os incumprimentos puntuarían negativamente para as compañías en futuros concursos municipais.

O alcalde, en comparencencia posterior á reunión, indicou que detectáronse incumprimentos laborais tanto no volume de emprego que as empresas deben contratar -segundo os pregos de condicións establecidos- como no horario laboral. Aínda que algunhas empresas si están a cumprir, alcalde e sindicatos estiman que a xeración de emprego ronda o 50% do previsto na actualidade.

Abel Caballero avanzou que, nas devanditas reunións, o Concello solicitará de cada unha das empresas adxudicatarias o seu plan de contratación de traballadores para cada obra do Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E) en Vigo, tras o que os sindicatos e os técnicos municipais continuarán a vixiar polo cumprimento das condicións laborais, indicou o rexedor.
Descargar todas as imaxes