Xabier Alonso desexa sorte a Nerea Vila, primeira loitadora galega que vai participar nun campionato europeo cadete

venres, 16 xul 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe á loitadora viguesa Nerea Vila que do 3 ao 8 de agosto competirá en Saraxevo no Campionato europeo cadete de loita grecorromana e libre. Nerea Vila conseguiu o pase ao que será o seu primeiro torneo internacional nunha fase previa que se disputou o mes pasado en Alemania, converténdose na primeira loitadora galega que vai participar nun europeo cadete.

Xabier Alonso anima a contemplar o espectáculo dos 52 equipos que participan no Rallye Rías Baixas de Clásicos

mércores, 14 xul 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este mércores un chamamento aos vigueses e viguesas para presenciar o vindeiro 17 de xullo a saída do XII Rallye Rías Baixas de Clásicos, que terá lugar na Praza do Rei ás 10.30 horas. A proba, puntuable para a Clásica Galega 2010, conta xa con 52 equipos inscritos e o vehículo máis antigo é de 1953.

Vide inviste 112.000 euros no programa Siareiros e Xabier Alonso garante que as axudas seguirán

xoves, 8 xul 2010

A Fundación Vigo en Deporte entregou hoxe as axudas do Programa Siareiros, tanto de Elite como de Base, para un total de 35 clubs da cidade, once deles de máxima categoría. Nun acto cos clubs nas instalacións de Begano, un dos patrocinadores privados de VIDE, a fundación que preside o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, desembolsou 112.000 euros polo número de carnés Siareiros Elite e Base que fixeron os equipos e polos adestramentos anuais das entidades deportivas de base.

Xabier Alonso anima a presenciar o Premio Cidade de Vigo de Atletismo o vindeiro sábado nas pistas de Balaídos

mércores, 7 xul 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este mércores o XXXI Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo, que terá lugar nas pistas de Balaídos o vindeiro sábado 10 de xullo a partir das 19 horas. O nacionalista animou aos vigueses e viguesas a achegarse a Balaídos e asegurou que será un "espectáculo deportivo que merece a pena contemplar".

Xabier Alonso anuncia que o sábado comezan as competicións deportivas Vigoarea 2010 na praia de Samil

xoves, 1 xul 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este xoves a oitava edición do programa de competicións deportivas de verán Vigoarea, que se desenvolverán entre o 3 e o 25 de xullo na praia de Samil. Volei praia, foot voley, fútbol praia, balonmán praia, tenis praia e cachibol son os deportes que inclúe a programación, que segundo asegurou o concelleiro nacionalista "será todo un éxito".

O tenente de alcalde insta a que "o espíritu deportivo" encha a cidade na inauguración do Mundial de Taekwondo

mércores, 30 xuñ 2010

O Mundial Universitario de Taekwondo xa está en marcha coa competición de pumse (técnica). A cerimonia inaugural tivo lugar hoxe no pavillón das Travesas coa presenza de Santi Domínguez, tenente alcalde de Vigo e presidente honorífico do comité organizador; Xabier Alonso, concelleiro de Deportes da cidade; Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria; José Ramón Lete, secretario xeral para ou Deporte; e Kemal Tamer, membro do comité executivo da FISU. Tamén estiveron presentes os presidentes da federacións Galega e Española, Mercé Barrientos e Jesús Castellanos.

O tenente de alcalde presentou o Mundial Universitario de Taekwondo, con récord de participación e países

martes, 29 xuñ 2010

O XI Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo presentouse hoxe con todas as expectativas deportivas superadas. A organización calculaba hai unhas semanas que habería uns 450 participantes e finalmente serán uns 600. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, celebrou que "Vigo é imparable, bate marcas e seguirá facéndoo. Pero ademais do deportivo, do que non dubidaba, hai máxima ocupación hostaleira con cinco hoteis cheos, e este evento coincide co campionato de billar, co que o retorno ecónomico será moi importante para a cidade".

Xabier Alonso destaca que o Campionato de España de Atletismo do sábado amosa a aposta polas probas en pista

xoves, 24 xuñ 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este venres o Campionato de España por Autonomías de Atletismo, que se celebrará nas pistas de atletismo de Balaídos o sábado, 26 de xuño, en horario de mañá e tarde. O nacionalista destacou que esta competición se suma ás distintas iniciativas postas en marcha para recuperar o atletismo en pista de alto nivel, xa que grazas a colaboración de Concello e Federación Galega de Atletismo foi posible executar parte da remodelación demandada polos deportistas.

Santi Domínguez di que o novo complexo de Barreiro suporá "un cambio definitivo" nas instalacións deportivas

xoves, 24 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este xoves que a apertura do complexo de auga de Barreiro tras o verán suporá un "cambio definitivo" nas infraestruturas deportivas de Vigo. Na visita que realizou ao complexo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e polo equipo técnico encargado da súa construción, o nacionalista anunciou que os usuarios e usuarias terán abonos mensuais en función da súa situación familiar e idade. Puxo como exemplo o abono familiar, que por 45 euros ao mes permitirá o uso libre das instalacións todos os días do ano a catro persoas.

O alcalde animou aos xogadores do Coruxo a traballar para consolidarse na Segunda B

mércores, 23 xuñ 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu onte martes ao plantel do Coruxo, recén ascendido a Segunda División B para felicitalos polo brillante ascenso acadado o pasado domingo na cidade manchega de La Roda. Os xogadores, acompañados polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiron as felicitacións de Abel Caballero quen lles expresou a todos os membros do equipo o orgullo da cidade polo éxito. O rexedor animounos ademais a seguir traballando para que este ano poidan consolidarse nesta categoría.