Escoitar

Caballero di que Vigo "sinte admiración polo balonmán" no sorteo da Copa Asobal, que se xoga nas Travesas os vindeiros días 21 e 22

A Copa Asobal xa ten cruces de semifinais. No perfecto escenario da Casa da Cultura Galega desveláronse os emparellamentos para a súa vixésima terceira edición, que se disputará no pavillón central das Travesas o vindeiro venres e sábado.

luns, 17 dec 2012
1355760599asobal.JPG
Con asistencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero; a tenente de alcalde da cidade, Carmela Silva; o concelleiro de Deportes, Manel Fernández; e o director de competicións de Asobal, Eduardo Romero, o sorteo, puro, determinou as eliminatorias semifinais cos catro primeiros clasificados da primeira volta da Liga Asobal.

Caballero extraeu a primeira bóla do bombo, que determinaba o nome do equipo local da primeira eliminatoria. A sorte sorriu ao Naturhouse La Rioja. Despois, Silva facía o propio co equipo local do segundo cruzamento, sacando ao Barcelona Intersport. A terceira extracción correspondeu ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que xa determinou a primeira semifinal ao saír o Atlético de Madrid. O alcalde sacou a última bóla, a do Reale Ademar de León, que definiu o segundo partido semifinais.

Así, as "semis" serán Naturhouse-Atlético de Madrid e Barcelona-Ademar, ás 19:00 e 21:00 horas do venres 21, respectivamente. A final, o sábado 22 ás 18:30. Todos os partidos serán ofrecidos en directo por Teledeporte e, por vez primeira, o torneo que dá dereito a unha praza na Liga Europea 2012/2013 será emitido en directo por internet grazas ao acordo cunha canle especializada en retransmisións deportivas (laola1.tv).

Para pechar o acto, o xefe do goberno local agradeceu o "esforzo" do Academia Octavio como organizador do evento que patrocina o Concello, felicitouse por recibir o sorteo en Vigo, nun marco cultural "con tanta historia" como o antigo concello e declarou que "Vigo é unha cidade con admiración polo balonmán que agora verá aos catro mellores equipos do mundo", aínda que chanceou con que eran "case" os mellores porque entre eles falta o Octavio.
Descargar todas as imaxes