Escoitar

Caballero anuncia a creación dun observatorio turístico ao amparo do Plan de Emprego Municipal

O alcalde de Vigo asinou esta mañá sendos convenios de colaboración laboral, un con Ahosvi (Asociación de Hostelería de Vigo) e outro con Atra (Asociación de Empresarios de Talleres de Reparación de Pontevedra) por un valor de 30.900 e 37.950 euros euros, respectivamente cos que se contratrá a un total de 6 traballadores. Tal e como explicou o acordo con Ahosvi permitirá a posta en marcha dun observatorio turístico para facilitar datos fiables ao sector.

venres, 14 dec 2012
1355504605convenio.JPG
Vigo contará cun observatorio turístico para dispor de datos fiables sobre as visitas e proporcionar información turística sobre a cidade en puntos "sensibles" como as recepcións dos hoteis. Con ese obxectivo, alcalde a responsables de Ahosvi asinaron esta mañá un convenio de colaboración ao amparao do Plan de Emprego Municipal por un valor de 30.900 euros para contratar a 3 persoas. Segundo o rexedor, estes traballadores coordinarán esta iniciativa seguindo un esquema que xa foi deseñado entre hosteleiros e Concello. O rexedor asegurou que nestes momentos non existe datos turísticos válidos porque as estatísticas chegan con restraso e o observatorio da Deputación non ofrece cifras fiables xa que está baseado no muestreo.

Por outra banda, o alcalde tamén asinou hoxe venres outro convenio de emprego, neste caso con Atra, por importe de 38.000 euros para contratar a 3 persoas. Neste punto, o rexedor avanzou a iniciativa de retomar as labores de inspección de talleres clandestinos, atendendo unha petición do propio sector. Aínda que en Vigo non hai moitos establecementos ilegais, anunciou que o Concello vai volver actuar neste control desde os departamentos de Urbanismo e Medio Ambiente.

Asimesmo, o rexedor explicou que xa están asinados todos os convenios do Plan de Emprego Municipal polo que xa son 358 as persoas que traballan ao amparo deste programa cifrado en 2,4 millóns de euros.

Fondo Galego de Cooperación
Asimesmo, a Xunta Local de Goberno aprobou esta mañá unha subvención ao Fondo Galego de Cooperación para os gastos dos traballos voluntarios na zona afectada polo terremoto de Haití. Segundo o rexedor, cun importe de 54.000 euros, o obxectivo é, entre outros, impulsar un programa intermunicipal de concertación de axudas públicas para a implantación de novos aproveitamentoss dos recursos naturais, aumentando a producción de alimentos e auga potable.
Descargar todas as imaxes