Caballero aboga por profundizar nas causas da crise económica para buscar vías de recuperación
Profundizar nas causas e razóns da crise económica que estamos a vivir é, segundo o alcalde, a vía para poñer en marcha políticas certeras para comezar a recuperación económica. Así o apuntou na apertura do XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía que hoxe comezou no Auditorio Mar de Vigo.
Abel Caballero alertou na mañá deste xoves da necesidade de profundizar nas causas e razóns da crise económica na que estamos inmersos para establecer as políticas que deben adoptarse no presente e no futuro. Así o explicou no Auditorio Mar de Vigo durante a apertura do XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía nun encontro no que debullou o panorama industrial na cidade de Vigo, marcada polo seu carácter industrial. Deste xeito fixo referencia ao sector naval, de automoción e pesqueiro que estan a vivir as consecuencias da crise económica. Na súa opinión é fundamental buscar respostas nos ámbitos locais, rexionais, nacionais e europeos para atopar vías de recuperación.
Ao longo destes días case que 400 expertos de universidades e diversas institucións europeas, de EE UU, Canadá e Australia participan nesta reunión para afondar nos últimos estudios realizados sobre a crise así como para aportar unha visión global da situación financeira que estamos a vivir no mundo.
Descargar todas as imaxes