Escoitar

Caballero rubrica un convenio coa Federación de Hostelería para crear 103 empregos

O alcalde asinou este mércores un convenio do Plan Municipal de Emprego polo que o Concello de Vigo achega á Federación Provincial de Hostelería, FEPROHOS, 150.000 euros para axudar á contratación de 103 persoas. Ata o momento, e a falta dun único acordo, o Plan está concluído coa xeración de 355 empregos.

mércores, 12 dec 2012
1355316447feprohos.jpg
Abel Caballero asegurou que o colectivo amosou o seu "entusiasmo" polo texto asinado co goberno local e pediu que o Plan Municipal de Emprego teña continuidade no 2013.

A falta dun único convenio, segundo explicou o rexedor, o Plan está concluído cun investimento próximo aos 2,4 millóns para a contratación de 355 persoas, que serán 358 empregos en canto sexa aprobado o último acordo.

Abel Caballero solicitou da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra que realicen na cidade un proxecto de emprego como o levado adiante polo Concello. De facelo, o número de persoas empregadas na cidade por contratación directa chegaría aos 1.100.
Descargar todas as imaxes