Escoitar

FALADOIRO DE LIBROS CON... Narciso de Gabriel

A Concellería de Igualdade organiza hoxe mércores, ás 19 horas, a actividade de "Faladoiro de libros con..." no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Presentarse a publicacion "Elisa e Marcela. Alén dos homes" a cargo de Narciso de Gabriel e Paz Raña.

mércores, 12 dec 2012
1355321663elisaemarcela.jpg
Froito dunha investigación de máis de quince anos, Elisa e Marcela é o relato das peripecias de dúas «heroínas» que xamais quixeron selo, pero tamén un alegato en defensa de todos aqueles que sufriron as inxustizas dunha sociedade que arremete contra calquera que faga perigar o seu concepto de «normalidade». Elisa e Marcela coñecéronse na Coruña a finais do século XIX, fixéronse amigas, namoraron… Ata aí a súa historia —que ten visos de novela pero no o é— podería ser como tantas outras, contadas ou silenciadas. O que a fai excepcional é que Elisa e Marcela, ambas mestras,non se conformaron con vivir en segredo e urdiron unha complicada trama para burlar os prexuízos morais e relixiosos daqueles anos grises da Restauración: Elisa faríase pasar por home. O engano funcionou, cando menos o suficente como para que o párroco da igrexa de San Xurxo as casara en 1901, pero pronto foron descubertas e obrigadas a fuxir. Este libro cóntanos o seu periplo, as dificultades ás que se enfrontaron e o xuízo ao que foron sometidas por parte das autoridades xudiciais, académicas e eclesiásticas, e tamén da prensa. A continuación, e sempre coa historia de Elisa e Marcela como fío condutor, o autor ofrécenos senllas lecturas desde o punto de vista do hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo.
Descargar todas as imaxes