O rexedor sitúa a Subida ao Castro como unha proba "singular", este domingo, nun ano con 9.000 atletas polas rúas da cidade
Subida ao Castro vivirá este domingo a súa sétima edición coa ben gañada definición de ser proba que "forma parte da tradición do atletismo de Vigo". Iniciada en 2006, con xa 450 inscritos ameaza con bater a súa marca de 479 atletas chegando ao castelo de San Sebastián hai un ano.
A proba foi presentada hoxe polo alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, polo organizador da mesma, Guillermo Janeiro, e por Hipólito Sousa en representación da delegación viguesa de atletismo da FGA.
A dureza do curto percorrido (2,1 quilómetros) no que hai que superar 357 chanzos fai da carreira "unha proba singular", estimou o xefe do goberno local, que chanceou co "case imposible que lle parece subir por un desnivel do 9 por cento".
A penúltima proba do ano é tamén a penúltima do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares 2012, o que a fai decisiva para a loita polos postos de podio. "Aínda que pareza un imposible, é para todo o mundo", asegurou Janeiro, responsable da firma errepetrés, que conta co patrocinio do Concello, Centro Comercial Gran Vía e Coca-Cola.
Este ano, no que se mantén o mesmo percorrido que os anteriores (saída desde Montero Ríos para atacar as escaleiras xa a partir da Pedra), a organización apunta unha modificación: dende as 12:00 horas haberá tres saídas, unha para os maiores de 16 anos, outra para os menores desa idade e outra para a camiñada, é dicir, para quen decida facer o percorrido a modo de paseo. "É unha proba distinta e entrañable", concluíu Sousa en representación do atletismo federado local.
A carreira crece en participación dende 2008 de forma exponencial. O circuíto de carreiras populares que impulsa o Concello axudouna. De feito, o auxe das carreiras populares é imparable: este ano xa participaron nas competicións en ruta 9.130 atletas, sen contar a Subida e a carreira do pavo. O ano pasado, a cifra pechouse en 8.834 participantes.
Descargar todas as imaxes