Escoitar
ANUNCIO CONCELLERÍA DE IGUALDADE

A Concellería de Igualdade dá a coñecer a programación de charlas que terán lugar na Casa das Mulleres durante a semana do 17 ao 21 de decembro

venres, 14 dec 2012
Charla: " XOGOS, XOGUETES E CONTOS QUE NOS FAN MÁIS IGUAIS"

No marco da campaña municipal para favorecer un uso non sexista de xogos e xoguetes

Imparte: Mara Iglesias Saínza (Psicóloga) .

Obxectivo: favorecer un desenvolvemento igualitario das nenas e dos nenos sen unha previa asignación de roles e estereotipos, tendo en conta a perspectiva de xénero na elección de xogos e xoguetes.


Día e hora: martes 18 de decembro ás 19:00 horas.

Lugar: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.


Charla: " A VOZ: UNHA FERRAMENTA PARA TRIUNFAR"

Imparte: Uxía Blanco (Actríz) .

Obxectivo: Facilitar as claves para elaborar as nosas mensaxes dun xeito conciso, auténtico, eficaz; vencer o medo a falar en público; vocalizar e mellorar a nosa dicción; proxectar a voz...

Día e hora: xoves, 20 de decembro ás 19:30 horas.

Lugar: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.



Prazas limitadas. Máis información: www.igualdadevigo.org.