Exposición de fotografía de João Menéres

luns, 13 xuñ 2005

A concellería de Cultura presenta na Casa das Artes a exposición de fotografías co título "Porto Meu" de João Menéres que se organiza xunto coa Câmara Municipal do Porto e colabora o Instituto Camões.

Lois Cea é o novo responsable do Verbum-Casa das Palabras

xoves, 9 xuñ 2005

O Verbum-Casa das Palabras inicia unha nova etapa con Lois Cea como responsable. Lois Cea, que xa se encargou de pór en marcha o Arquivo Pacheco, ten como obxectivos revitalizar o museo converténdoo en lugar de encontro e potenciando as súas actividades formativas.